outubro, 2019

25out20:00Fútbol de salón: Eusebio SacristánACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 A Sede RC Celta

Máis

Detalles do evento

O RC Celta e a súa Fundación preparan un espectacular ‘agasallo’ para os afeccionados celestes. Ambas entidades organizan un ciclo de charlas sobre fútbol con protagonistas de recoñecido prestixio a nivel internacional. O Salón Rexio da Sede acollerá a partir do día 25 do presente mes un impoñente ciclo baixo o nome de ‘Fútbol de Salón’ no que intervirán reputados adestradores, con brillantes traxectorias en Primeira División ou en seleccións nacionais, que compartirán a súa experiencia e coñecementos cos afeccionados celestes.

O ciclo comeza o día 25 deste mes cun vello coñecido da afección céltica, Eusebio Sancristán. Polo Salón Rexio da Sede pasarán despois e até o mes de maio de 2020 Eduardo Berizzo, Jorge Valdano, Vicente Del Bosque, Fran Escribá, Marcelino, Javi Gracia  e o Tata Martino.

Este ciclo, cun elenco de adestradores de gran renome, está aberto a todos os afeccionados do RC Celta, que poderán acudir de maneira gratuíta a cada unha das charlas até completar capacidade. Neste caso, as intervencións poderanse seguir no videowall da tenda oficial.

Abrirá o ciclo un técnico ao que o celtismo profesa un gran agarimo, Eusebio Sancristán. Antes do recalar no RC Celta, onde deixou unha profunda pegada, Eusebio formou parte do cadro técnico do primeiro equipo do Barcelona, baixo a batuta de Frank Rijkaard. Tras o seu paso polo conxunto vigués, o técnico dirixiu a Barcelona B, Real Sociedad, onde logrou clasificarse para a Europa League, e Girona.

Hora

(Venres) 20:00

Lugar

A Sede RC Celta

Sede Real Club Celta de Vigo

X