>
Detalles do eventos
A Sala Rebullón celebra este sábado un minifestival gratuíto para gozar cos mellores temas da historia do rock e do metal. Fuss Cover Band ofrecerá
Detalles do eventos
A Sala Rebullón celebra este sábado un minifestival gratuíto para gozar cos mellores temas da historia do rock e do metal.
Fuss Cover Band ofrecerá as mellores versións do rock da man e voz de cinco músicos con traxectoria e un directo enérxico. O seu repertorio (desde Blur ata Ramones, Muse, Led Zeppelin, Nirvana ou Foo Fighters, entre moitos outros) móvese por todas as épocas e estilos do xénero (grunge, metal, pop-rock, hard rock), con cancións sobradamente coñecidas por todo o público, perfectas para cantalas a pleno pulmón.
Xunto a eles estará Blasphemous Metal Band, un proxecto creado por cinco amigos unidos polo metal e polas jam sessions do Morrazo. O ano pasado decidiron crear unha banda de covers pouco convencional, xa que interpretan desde éxitos de formacións do metal máis clásico (Sepultura, Slayer, Kreator, Testament) ata o máis extremo (Napalm Death, Behemoth, Marduk, Death).
En terceiro lugar, súmase ao evento Wilson’s Band. Trátase dun proxecto recente, con pouco máis dun ano de traxectoria, pero con moita rodaxe por escenarios galegos, froito dunha calidade musical que non pasa desapercibida. Os de Ponteareas veñen de gañar no 2025 o concurso Talento Xove cunha proposta centrada nas versións dos clásicos do rock, desde unha perspectiva ampla. A banda revisita melodías icónicas do xénero que todo o mundo coñece, desde o rock dos anos 70 ata o dos 2000, tanto en inglés como en español.
O peche de festa correrá a cargo de Dj Limo.
Hora
23 maio, 2026 18:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
xuño


