CONGRESO MAR >

04out18:30Furiosa FestFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 12,00 €18:30(GMT+02:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Os días 3 e 4 de outubro, a Sala Kominsky acolle unha nova edición do Furiosa Fest, o festival vigués de música electrónica. Nesta ocasión, o evento aposta por un concepto que rende homenaxe ao vinilo: obxecto de culto, soporte ideolóxico e símbolo da electrónica na súa forma máis pura.

Serán dous días de programación selecta en Vigo, entre escoita activa, directos e DJ sets a vinilo, con figuras clave da escena local e nacional. Concretamente, é a seguinte:

Venres, 3 de outubro

  • Coloquio Enterradme con mis discos
  • Ambient e experimentación con Álvaro Gallego, Antoxo e Occupied Head

Sábado, 4 de outubro

  • Baile en estado puro con Rachael, ICF, Certain People e Fake Robotique

As entradas anticipadas xa están dispoñibles a través dunha mensaxe privada en Instagram. Os primeiros en adquirilas levaranse, ademais, unha gorra exclusiva co logo do festival bordado.

Hora

4 outubro, 2025 18:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events