16mai18:30Le BarLuthierESPECTÁCULOS | 12,00 €18:30(GMT+02:00) Fundación Sales
Detalles do eventos
O próximo 16 de maio a Fundación Sales acollerá unha proposta cultural singular que mestura música, humor e posta en escena convertendo o xardín nun salón de gala
Detalles do eventos
O próximo 16 de maio a Fundación Sales acollerá unha proposta cultural singular que mestura música, humor e posta en escena convertendo o xardín nun salón de gala de estética retro.
Le BarLuthier é un pianobar itinerante con toques de cabaret contemporáneo. A súa fórmula combina música en directo con claras influencias do jazz, humor e interacción co público. Máis que un concerto ao uso, trátase dunha velada onde a improvisación e o contacto directo cos asistentes xogan un papel fundamental.
Esta sesión contará cun compoñente audiovisual destacado, xa que será gravada polo realizador Charles Alexander xunto a parte do seu equipo.
O espectáculo ofrecerá dous pases:
- 19:00 (acceso entre 18:30 e 18:50)
- 22:00 (acceso entre 21:30 e 21:50)
As entradas teñen un prezo de 12,00 € e o aforo é limitado, polo que se recomenda facer reserva previa en lalutheriacultural@gmail.com ou WhatsApp: +34 686 725 864.O espectáculo está recomendado para maiores de 13 anos.
O evento forma parte dunha serie de concertos que La Lutería realiza habitualmente no seu local e que este verán trasladan á Fundación Sales. O formato será sempre de dobre pase e con grabación rofesional en directo que os artistas poderán levar e utilizar. La Lutería ten aberta a convocatoria para grupos e solistas que queiran participar nestas sesións, chamadas 5mm.
A Movida sortea dúas entradas (unha para cada sesión) entre os seus subscritores. Se queres benefiaciarte de esta e outras promocións, faite Amovidalover desde 30,00 € ao ano.
Hora
16 maio, 2026 18:30(GMT+02:00)
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra


