VIALIA
bannerPicnicSesions

Froján + Liberad al Kraken

19mar22:00Froján + Liberad al KrakenCONCERTOS | Desde 8,00€22:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Dous grupos únense para celebrar o sábado noite na Sala Rebullón. O vindeiro 20 de marzo ás 22:00h estarán en concerto o grupo Froján e Liberad al Kraken.

‘Froján’ nace como un proxecto de cantautor, no cal Miguel Froján Castro sería a voz principal e compositor das cancións. A mediados de 2020 reúnense os músicos e, durante os primeiros ensaios, empézase a notar que as persoas implicadas fixeron boas faragullas, motivo polo cal a idea inicial dun proxecto de cantautor pasa a un segundo plano, dando paso ao nacemento do grupo ‘ Froján’ con 6 integrantes. Con esta formación grávase o primeiro disco; “Huir”, que sae á venda en xaneiro de 2021. Despois dun verán duro por culpa do covid-19 Froján volve á sala de ensaios para preparar un novo traballo, o seu segundo disco que matcara un antese un despois.

Froján está a preparar, xunto a outro grupo (Liberade al Kraken), unha xira de concertos por salas de toda Galicia onde se poderán escoitar varios dos temas novos xunto coas cancións que compoñen o primeiro disco,”Huir”.

Liberad al Kraken é un grupo creado en2018 por músicxs de Pontevedra. Dende o noso inicio, publicamos un álbum de estudio, un EP e numerosos singles; todos están dispoñibles en Spotify e demáis plataformas de streaming. Evolucionando cara ó noso estilo actual, a nosa música é unha mistura de Punk e Metal, con toques de Folk e Electrónica. A temática céntrase en temas políticos e sociais e nas consecuencias persoais dos mesmos. Letras orientadas á protesta, con elementos de humor e retranca. Somos de cú inquieto sobre o escenario, así que se queredes pasalo ben, saltar e pasar un rato caralludo, somos o que buscades.

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events