CAMELIAS NADAL

13nov21:30Fritanga Sessions: Jam KaraokeCONCERTOS | Caixa inversa21:30(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Queren que todo o mundo faga música, tanto se é profesional como se nunca tocou un instrumento. Decenas de persoas compartindo a súa enerxía. Liberación, catarsis, festa, éxtase…

As Fritanga Sessions son jams de improvisación libre nas que calquera pode participar, sexa ou non músico. Ademais de guitarras, sintes, baixo, micrófonos e batería, contan con numerosos instrumentos de percusión para que ninguén quede fóra. Aquí non hai público: todas e todos improvisan.

Nesta ocasión presentan a edición Jam Karaoke, unha improvisación musical guiada por unha serie de videoclips aos que o público e os participantes lles poñen banda sonora de forma espontánea e en directo. As pezas teñen letra, pero a melodía é totalmente inventada no momento.

Unha proposta para gozar da música en liberdade, sen necesidade de saber tocar nada, só con ganas de pasalo ben.

A cita será o xoves 13 de novembro ás 21:30 na Sala Kominsky.

Hora

13 novembro, 2025 21:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events