BannerArribada

decembro, 2019

12dec21:30Fritanga Sessions: Dance EditionESPECTÁCULOS | De balde21:30 Sala Kominsky

Máis

Detalles do evento

As Fritanga Sessions son unhas jams cuxo obxectivo é crear un espazo no que conectar de maneira catártica a través da música e a danza improvisada. Un lugar inclusivo no que todas as persoas poden participar por medio de calquera estilo ou técnica no que podemos vivir o verdadeiramente bo da arte espontáneo: a conexión e a expresión.

Entenden a expresión artística como algo que todo o mundo pode facer, eliminando os impedimentos elitistas do xuízo e da técnica para recuperar o ritual artístico como un espazo de conexión e integración. Un fervedoiro de creatividade, expresión e escoita no que todo o mundo é benvido.

Hora

(Xoves) 21:30

Lugar

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

X