
Detalles do eventos
Ante a recente aprobación do novo PXOM, e valorando como moi escasa a protección do patrimonio industrial da nosa cidade, desde as asociacións A. C. As
Detalles do eventos
Ante a recente aprobación do novo PXOM, e valorando como moi escasa a protección do patrimonio industrial da nosa cidade, desde as asociacións A. C. As da Industria, A.V.V. Curva de San Gregorio, Asociación de comerciantes Barxa de Buíde, Defensa Parque García Picher, Amigas da Árbores Vigo, C.S. A Revolta, C.S. Faisca, A. C. Vila De Bouzas, Vigo Baleiro e NewtCrafts queren facer público que están traballando na documentación para solicitar á Conselleira de Patrimonio da Xunta de Galicia a catalogación dalgún dos elementos máis destacados do barrio como Ben de Interese Cultural, considerando esta como a única vía para a conservación íntegra dalgúns dos polígonos industrias máis importades de Vigo a nivel histórico, arquitectónico, artístico e social.
A fin de dar a coñecer a importancia destes elementos, convocan á cidadanía de Vigo a un Free Tour o domingo 15 de Xuño ás 11:30 h con saída desde a Praza de Eduardo Fadrique para coñecer a historia das industrias e edificios dos polígonos da praza da industria a Jacinto Benavente.
Novamente colocarán máis placas informativas nalgún dos inmobles destacados do percorrido e contaráns coa presenza de:
· Sarai González (As da Industria)
· Ángel Vila (A. V. Curva de San Gregorio)
· David Amoedo (Newt Crafts)
· Amigas das Árbores Vigo
· Defensa Parque García Picher
Máis
Hora
15 xuño, 2025 11:30(GMT+02:00)
Localización
Praza Eugenio Fadrique
Plaza Eugenio Fadrique 36208 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual