REVISTA OUTUBRO

FREAK

30set20:00FREAKESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Espectáculo da programación de Vigocultura. Guía completa con datas, espectáculos, abonos e sinopses aquí.

Entradas e abonos en Giglon e Libraría Librouro

VENRES 30 DE SETEMBRO E SÁBADO 1 DE OUTUBRO · 20 HORAS – FREAK – Amor Producciones
Xénero: teatro contemporáneo
Autoría: Anna Jordan
Dirección e produción executiva: Paula Amor
Dirección de produción: Rosel Murillo Lechuga
Iluminación e escenografía: Antiel Jiménez
Deseño de son: Paula Amor e Antiel Jiménez
Vestiario: Daniel Torres
Axudante de dirección: Marta Matute
Elenco artístico: Lorena López e Lara Serrano

En agosto de 2014, a londiniense Anna Jordan, unha das dramaturgas e directoras escénicas europeas máis importantes dos últimos tempos, estreaba a súa obra Freak no prestixioso Festival de Edimburgo. Seis anos despois, esta peza de teatro social sobre a feminidade e a autoimaxe, que bebe directamente do teatro social, converteuse nun texto de referencia internacional pola súa maneira de abordar a sexualidade, entre o humor e a desesperanza. Freak é un texto de Anna Jordan. Un acto íntimo onde dúas mulleres comparten imaxes co espectador. Por que empurrarnos para chegar a
ser algo que non queremos? Por que aceptamos situacións cando o que queremos é fuxir? Que ten que ocorrer para poñer límites? Freak, dirixida por Paula Amor, fala de como loitar sobre algo que xa está establecido. Fala do vacío de non recoñecerse a unha mesma fronte ao exterior. De querer saír pero, en cambio, avanzar sen control.

Máis

Hora

30 setembro, 2022 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events