Frankenstein. No soy un monstruo – A Movida

novembro, 2018

25nov18:00Frankenstein. No soy un monstruoTEATRO | 5,00€18:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

Víctor Frankenstein é un novo doutor que quere chegar lonxe no mundo da medicina. A súa idea é crear un ser, ao que dará vida a través de raros experimentos. Pero non todo sae como el esperaba. Tralo seu nacemento, a criatura sae fuxindo despavorida e inicia unha viaxe cuxo percorrido ten un único destino: atoparse con el mesmo e demostrar que non é un monstro. Esta nova adaptación de Frankenstein é unha versión libre da obra de Mary Shelley, máis centrada na visión da criatura e na humanidade da personaxe, rompendo os clixés convencionais que temos do cine ou do teatro. A personalidade do
Dr.Frankenstein queda a un lado e centrámonos na nobreza e pureza da súa creación. A través desta tenra comedia, as emocións saen a flote, para dar paso a unha obra que nos toca o corazón e nos sopra o cerebro.
No 2018 celébrase o 200 aniversario da publicación da novela de Mary Shelley.

A parti de 6 anos
Duración: 60 minutos

Hora

(Domingo) 18:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X