
Francisco Castro 'Agora é o tempo'
28out20:30Francisco Castro 'Agora é o tempo'CONCERTOS | 9,85 €20:30 Teatro Salesianos
Detalles do eventos
O escritor Francisco Castro estréase na música coa publicación do seu primeiro disco ‘Agora é o tempo’ que estará presentando o vindeiro sábado 28 de
Detalles do eventos
O escritor Francisco Castro estréase na música coa publicación do seu primeiro disco ‘Agora é o tempo’ que estará presentando o vindeiro sábado 28 de outubro no Teatro Salesianos de Vigo acompañado no escenario da Banda dos Borges.
Estes días chega ás principais tendas, e xa está dispoñible en todas as plataformas musicais (youtube, spotify, iTunes…) o primeiro traballo discográfico de Francisco Castro titulado ‘Agora é o tempo’ (Awanta Producións). Producido por Federico Welicki, o disco supón o debut musical do escritor e editor vigués.
‘Agora é o tempo’ foi gravado en estudos de Vigo, A Estrada, Madrid, Buenos Aires e Seattle e nel participaron músicos de primeiro nivel coma Henry Villalobos (nominado a un Grammy o ano pasado na súa calidade de arranxista) ou Toni Mateos, un dos mellores percusionistas do estado español. Trátase dun mollo de cancións que gravitan polo rock and roll, o funkie e temas guitarreiros, abeirados a uns textos que falan do mundo, das cousas que cómpre cambiar del e, tamén, coma sempre, do amor. Francisco Castro debuta como autor das músicas e as letras, sempre en galego, comezando así tamén unha nova etapa como artista. El entende esta chegada á música como un camiño lóxico dun artista que quere expresarse de moitas
maneiras. ‘Agora é o tempo’ será un disco de música galega, en galego, pegado ao rock de
sempre pero matizado polos novos aires do século XXI.
O concerto de presentación será o vindeiro 28 de outubro no Teatro Salesianos de Vigo, ás 20:30 e as entradas poden mercarse na web do teatro ou en www.elcorteingles.es. Logo deste concerto, o autor pretende xirar coa Banda dos Borges, un grupo de 9 músicos que prometen un directo arrollador, potente e sen concesións para uns temas que o autor define como “honestos, sinceros, absolutamente reais”.
Máis

Hora
(Sábado) 20:30
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes