17xul20:00Francisco CastroCONCERTOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Fundación Sales
Detalles do eventos
Un dos plans máis apetecibles do verán son os concertos na Fundación Sales, esa pequena xoia aínda descoñecida para moitos vigueses. Coa chegada do verán
Detalles do eventos
Un dos plans máis apetecibles do verán son os concertos na Fundación Sales, esa pequena xoia aínda descoñecida para moitos vigueses. Coa chegada do verán volve a actividade musical á Fundación Sales. O xardín botánico situado na avenida de Europa acollerá en xullo catro concertos de estilos variados. Con este tipo de eventos, a Fundación busca atraer a novo público e divulgar a súa ampla variedade de flora.
O músico, escritor e editor Francisco Castro, ofrecerá vindeiro xoves, 17 de xullo, na Fundación Sales (na Avenida de Europa) e ás 20 horas, un concerto en formato acústico e íntimo no que, ademais, presentará algunhas das súas novas cancións. Este formato de concerto combínase cos que está a facer coa súa banda polo conxunto do país. Este verán, o músico vigués ten unha apretada axenda e este será o seu único concerto na súa cidade natal. Francisco Castro ofrecerá unha experiencia cercana e íntima co público, diferente ao habitual dos grandes escenarios en auditorios, teatros ou ao aire libre. O músico poderá comunicarse así directamente cun público que vai estar sentado practicamente á súa beira en íntima complicidade.
– 12 xullo a 13:00 h: Galkan (7 €)
– 17 xullo as 20:00 h: Francisco Castro (10 €)
– 18 xullo as 20:00 h: Santiago Meijide (10 €)
– 19 xullo as 20:00 h: Hot Air Balloon (10 €)
Reservas: info@salesxardin.com
Hora
17 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

