
24out20:30Francisco CastroCONCERTOS | 13,00€20:30(GMT+02:00) Vitruvia Café
Detalles do eventos
O músico, escritor e editor Francisco Castro, ofrecerá o vindeiro xoves 24 de outubro, no Café Vitruvia (na Praza de Compostela) e ás 20.30 horas,
Detalles do eventos
O músico, escritor e editor Francisco Castro, ofrecerá o vindeiro xoves 24 de outubro, no Café Vitruvia (na Praza de Compostela) e ás 20.30 horas, un concerto en formato acústico e íntimo no que, ademais, presentará seis novas cancións. O concerto leva por título “Música en voz baixa”.
Logo dun ano xirando por Galicia coa súa banda presentando os temas do seu primeiro disco titulado “Agora é o tempo”, comeza o outono inaugurando este novo formato acústico, na compaña dun baixista (Federico Welicki) e un percusionista (Paulo Silva) no que, ademais de ofrecer o seu repertorio máis coñecido, estreará seis novos temas que naceron durante este ano de intenso traballo nos escenarios.
Co formato trío, Francisco Castro pretende ofrecer unha experiencia cercana e íntima co público, diferente ao habitual dos grandes escenarios en auditorios, teatros ou ao aire libre. O músico poderá comunicarse así directamente cun público que vai estar sentado practicamente á súa beira en íntima complicidade.
A entrada (13 euros) pode collerse na porta o día do concerto aínda que se pode reservar no teléfono 645 99 66 90
Máis
Hora
24 outubro, 2024 20:30(GMT+02:00)
Localización
Vitruvia Café
Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual