maio, 2019

14mai(mai 14)11:00Fragata rusa ShtandartVISITA BUQUE | De balde11:00 Porto de Vigo

Máis

Detalles do evento

A Fragata rusa Shtandart estará desde o martes 14 de maio ata o domingo 19 atracada en Vigo, no molle de Portocultural. Poderá visitarse de 11 a 17 horas.

En 1703, no estaleiro de Olonets por orde do tsar Pedro o Grande, foi botada a primeira fragata da frota do Báltico, o “Shtandart”. O seu primeiro capitán foi Pedro I en persoa.

O buque de guerra recibiu o seu nome en honra ao estandarte imperial. Antes de 1701 este mostraba un aguia sostendo nas súas garras os mapas dos tres mares aos que Rusia tiña acceso (o de Azov, o Negro e o Blanco). Tras a adquisición do Báltico engadiuse o cuarto.

A gran Guerra do Norte (1700–21), durante a cal se construíu o ” Shtandart” durou 18 anos máis tras o seu botadura. O Shtandart tomou parte en accións militares ata o ano 1719 cando foi dado de baixa. Tras esta, Pedro I promulgou un edicto de conservación do “Primoxénito da frota” (como el o denominou) en calidade de monumento á industria naval rusa.

Desgraciadamente, sen coidados nin atención, o “Shtandart” e outros barcos atracados na canle de Kronwerk deterioráronse moi rapidamente.

En 1727, unha comisión enviada por Catalina I revisou o estado do buque e decidiu levalo ao dique seco para ser restaurado. Pero o tempo e a auga xa deterioraran tanto o casco que durante os intentos de elevalo, o cable cortou o casco en varias seccións. O vello Shtandart foi despezado e un novo decreto foi promulgado pola emperatriz: “En honra ao seu nome dado pola súa maxestade Pedro I construirase un novo”

Pero esa orde só seria executada case 300 anos despois…

A construción da fragata réplica Shtandart é a historia da realización dun soño, un símbolo de determinación e de compromiso cuns obxectivos.

Reconstruír unha réplica do famoso buque de Pedro o Grande foi posible grazas á enerxía e resolución dunha nova xeración. *És a proba de que nada é imposible se estás disposto a iso. En 1994 un grupo de entusiastas de San Peterburgo comezou a construción. Os deseños do barco foron recreados a partir de diversas fontes.

A fragata se dividide en dúas áreas: a parte histórica (as cubertas) e a moderna (a adega). Pañoles para barrís de auga, cabos para as áncoras, balas de canóns e pólvora aloxan agora o necesario equipo moderno (dous motores diesel, bombas de auga, tanques, etc), o comedor, a cociña e os aloxamentos da tripulación. Todo aquilo por encima da cuberta principal é fiel aos deseños orixinais: Mastros e masteleros, jarcia, cabrestante, canóns, a madeira tallada e o temón.

Combináronse métodos antigos de construción naval coas mais modernas tecnoloxías. Moito tivo que ser aprendido e descifrado no lugar, tentando pensar como os carpinteiros de ribeira do século XVIII. Outras técnicas aprendéronse en libros da época e acudindo a diferentes arquivos.

O equipo compoñíase por excelentes persoas. O grupo de entusiastas converteuse nun equipo unido por obxectivos comúns capaces de realizar as tarefas menos pensadas.

O 4 de setembro de 1999 O renacido Shtandart foi bautizado. A súa viaxe inaugural foi no verán do ano 2000 facendo o roteiro da Gran Embaixada, levada a cabo 300 anos antes, viaxando por aqueles países e cidades onde o novo emperador Pedro I instruíuse na construción de barcos para crear a nova Rusia forte.

Hora

14 (Martes) 11:00

Lugar

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

X