ORQUESTRA CLÁSICA

18mar21:30FOTOCOPIA + CULTO CARNECONCERTOS | Desde 13,20 €21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

FOTOCOPIA é a posta en práctica dunha hipótese. Como método: ás escuras, lanzarse e tropezar intermitentemente coa luz. Non se sabe o que se acaba de ver e iso está ben. Olvidemos toda arquitectura e practiquemos xuntos este inquietante aerobic.

Soa dixital pero grasento. Harsh pero Pop. Soa ao que antes era o futuro. De todos os xeitos, estas cousas, coma os cadáveres, só se etiquetan a posteriori. Proto-EBM-industrial-galician-noise-post-punk, que tal?

CULTO CARNE: Esta proposta, que establece un diálogo entre música, poesía e ilustración, nace do encontro entre dous proxectos: Cult of Auspex, música experimental que, desde un setup sinxelo e case minimalista, fuxe dos convencionalismos técnicos para conseguir texturas escuras e industriais, sons inquietantes e samples destruidos, ata que transcenden a un plano emocional; e Mundo Carne, poemario de Branca Trigo ilustrado por Octavia Russo, que amalgama o individual e o colectivo mediante a construción dun arquivo ficcional de seres incompletos, cuxos corpos vulnerables en rosa sobre un fondo negro invitan a entrar.

Entradas