decembro, 2019

12dec19:30FÓRUM IEV: “Impacto socioeconómico da Primeira Guerra Mundial en Vigo” CONFERENCIA | De balde19:30 Biblioteca EMAO

Máis

Detalles do evento

Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade e o Concello de Vigo, presentan a segunda edición do ciclo de conferencias do FÓRUM IEV.

Do mesmo xeito que na edición do ano anterior, preténdese facer chegar ao publico de Vigo e a súa área metropolitana, diversos estudos levados a cabo por membros do IEV sobre a cidade e o seu contorno nas súas distintas áreas de coñecemento, así como outros estudos de vixente actualidade que veñen desenvolvéndose na Universidade de Vigo nos campos das ciencias e a tecnoloxía. Coordina: Federico Vilas Martín (UVI-IEV)

Conferenciante: JOSÉ RAMÓN CABANELAS ( IEV)
Título: “Impacto socioeconómico da Primeira Guerra Mundial en Vigo”
Resumo: Espionaxe entre os 11 buques alemáns e austro húngaros internados na ría e a colonia do Cable Inglés. A espía alemá Mata Hari en Vigo. Repercusión da Guerra no tecido social. Ricos e pobres. Crispación do proletariado polo encarecemento dos produtos alimenticios de primeira necesidade. A primeira gran manifestación de Vigo. Vigo no Tratado de Versalles.
Lugar: Sala-Hemeroteca , Escola de Artes e Oficios, C/ García Barbón nº 5, Vigo.
Hora: 19:30

Hora

(Xoves) 19:30

Lugar

Biblioteca EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

X