setembro, 2019

19set19:30FÓRUM IEV: “A producción de sal na costa atlántica do noroeste da península ibérica”CONFERENCIA | De balde19:30 Instituto Camões

Máis

Detalles do evento

Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade e o Concello de Vigo, presentan a segunda edición do ciclo de conferencias do FÓRUM IEV.
Do mesmo xeito que na edición do ano anterior, preténdese facer chegar ao publico de Vigo e a súa área metropolitana, diversos estudos levados a cabo por membros do IEV sobre a cidade e o seu contorno nas súas distintas áreas de coñecemento, así como outros estudos de vixente actualidade que veñen desenvolvéndose na Universidade de Vigo nos campos das ciencias e a tecnoloxía. Coordina: Federico Vilas Martín (UVI-IEV)
Conferenciante: MAR CORTEGOSO E BRAIS CURRÁS REFOJOS ( IEV)
Título: “A producción de sal na costa atlántica do noroeste da península ibérica”
Resumo: Ao longo da costa atlántica da Península Ibérica documentáronse numerosas evidencias da produción de sal mariña. No primeiro lugar falarase dos xacementos conformados por concentracións de afloramentos con pías excavadas neles para a recollida de sal. Para continuar coa análise duns novos xacementos descubertos en xuño de 2015.
Lugar: Centro Cultural Camões. Hora: 19:30

Hora

(Xoves) 19:30

Lugar

Instituto Camões

Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

X