REVISTA NADAL

Fortune Child

05dec20:00Fortune ChildCONCERTOS | Desde 16,50€20:00(GMT+01:00) Transylvania Metal Pub

Detalles do eventos

O Power trío Fortune Child presentarase por primeira vez nos nosos escenarios para presentar o seu álbum debut “Close To The Sun” e a serie de sete singles que foron publicando durante 2023 e 2024.

Na música de Fortune Child aparece o Rock, o Soul e Blues con acenos distintivos. Tres sons fundamentais do son de Fortune Child, que combinan e moldean dunha forma persoal, para crear unha gran potencia sonora sobre os escenarios. No transcurso dun ano, Christian Powers (voz principal e batería), Buddy Crump (guitarrista) e Jon Ward (baixista) comezaron a redefinir o xénero do Rock sen deixar de ser fieis ás súas raíces. Con sós potentes, jams longos e un son que rompe cos xéneros, a banda está a forxar o seu propio camiño coa guía e a experiencia do enxeñeiro Ben McLeod e o lendario produtor/enxeñeiro Kevin Elson (Journey / Mr. Big / Lynyrd Skynyrd).

Durante a súa traxectoria, Fortune Child compartiron escenario con bandas da entidade de The Black Crowes, Cedric Burnside, Shovels & Rope, All Them Witches, King Buffalo, Jared James Nichols, Tuk Smith e moitos máis.

Entradas

Máis

Hora

5 decembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Transylvania Metal Pub

Rúa Rogelio Abalde, 16, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events