Forget La France + Souns Sisters

19feb22:00Forget La France + Souns SistersCONCERTOS | Desde 8,00€22:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Forget la France e Sound Sister son dúas bandas Luguesas que visitan a Sala Rebullón co seu mellor rock. Distintos sons do rock  que  levan a estas bandas a facer concertos en calquera tipo de evento.

Forget La France nace en Lugo no 2018 e veñen a co seu novo disco “Fuimos Aire” que fala de amores, de guerras gañadas, outras perdidas e dos valores da boa xente. Cun show para todos os públicos e grupos socias que garanten un espectáculo profesional e divertido.

Sound Sisters nace no 2020 en Sarria (Lugo) cun  repertorio  maioritariamente de temas propios con influencias do soft rock do rock psicodélico ata o rock progresivo. Nos seus concertos tamén inclúen versións dos grandes expoñentes musicais das décadas dos 60 en adiante, como Janis Joplin, Jimi Hendrix e Eric Clapton.

Actuarán o próximo sábado 19 de febreiro ás 22:00h na Sala Rebullón.

Entradas á venda en:

  • Cantina As Pedriñas
  • Nós Cervexería

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events