FOREVER.THE BEST SHOW ABOUT THE KING OF POP – A Movida

outubro, 2018

27out21:30FOREVER.THE BEST SHOW ABOUT THE KING OF POPCONCERTO | Desde 24,00€21:30 Teatro García Barbón

Máis

Detalles do evento

“O mellor espectáculo do mundo sobre Michael Jackson”, dixo a Jackson FamilyFoundationcando o seu Presidente e o Sr. Joseph Jackson, pai de Michael, vírono en Sevilla no ano 2010.

“Realmente agora coñezo a Michael” dicía o público que masivamente encheu os teatros en España, Europa e América.

A prensa española deu cobertura internacional a un espectáculo producido en España e que conquistara os corazóns máis aló das nosas fronteiras.

Os promotores de espectáculos, prensa e público avalaron a calidade artística, a posta en escena, a emotividade e a frescura dun espectáculo que vas máis aló de tocar as cancións de Michael Jackson.

FOREVER non é só un intenso percorrido polos seus maiores éxitos, é un espectáculo coa emoción a flor de pel. Algo que ningún espectáculo conseguiu igualar.

FOREVER 2018 volve cunha importante aposta escénica e audiovisual, cunha altísima calidade artística, as mellores voces, músicos, bailaríns, hip- hop, … Unha experiencia que conxuga un espectáculo musical con efectos especiais.

FOREVER volve aos escenarios.

Michael, a súa música, a súa influencia sobre os artistas actuais, a súa obra e a súa filosofía de vida seguen totalmente vixentes, aínda máis se cabe que en 2010.

PASES:

Sábado 27 ás 18:30 e ás 21:30.

Domingo 28 ás 17:00.

Hora

(Sádado) 21:30

Lugar

Teatro García Barbón

Policarpo Sanz ,13 36202

X