>
Detalles do eventos
Foliada popular en defensa da Oliveira de Paseo de Alfonso o sábado 23 de maio de 16h a 22h . O evento contará con música
Detalles do eventos
Foliada popular en defensa da Oliveira de Paseo de Alfonso o sábado 23 de maio de 16h a 22h . O evento contará con música coas Ferreñas da Oliveira e o grupo folk Estamos en ello. Tamén haberá unha debuxada para artistas grandes e pequenos con A Furia Verde, comando de ilustración e propaganda arbórea.
A Asociación Amigas das Árbores leva meses pedindo ás administracións implicadas (Xunta e Concello de Vigo) información clara e non sesgada, así como garantías suficientes e acreditadas da actuación prevista sobre a Oliveira centenaria do Paseo de Alfonso. Están preocupadas polas escasas informacións publicadas, a idea é tunelar baixo as raíces da árbore e metela nun vaso que consideran insuficiente.
A Oliveira está incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, con seus 209 anos é o símbolo sobranceiro da nosa cidade… e a árbore que da nome ao benquerido novo himno do Celta.
Amigas das Árbores en colaboración con A Póla queren celebrar e render tributo á Oliveira como símbolo dunha urbe que respeta a súa historia e a súa biodiversidade con árbores senlleiras e de grande porte, e que aborde os retos climáticos do futuro cun modelo de cidade verde.
Hora
23 maio, 2026 16:00 - 22:00(GMT+02:00)
Localización
Mirador Paseo Alfonso XII
Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra


