>

27xuñ12:0020:00Foliada Orgullosaconcertos | De balde12:00 - 20:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

A foliada de fin de curso dos obradoiros de pandeireta e bailes de serán do espazo A Morada énchese de cores nesta edición para apoiar o Orgullo Crítico. Despois das trabas que os colectivos Nós Mesmas e Avante LGBT+ atoparon para organizar a súa festa posterior á manifestación, esta Foliada Orgullosa preséntase como un espazo de reivindicación dos dereitos LGBTIQA+, celebración e apoio mutuo na rúa. A xornada contará ademais cos petiscos de Videlva.

Programación do evento:

  • 12:00 h: Foliada tradicional
  • 15:00 a 17:00 h: Sesión musical con Mambis DJ
  • 20:00 h: Convocatoria para asistir xuntos á manifestación do Orgullo (saída desde Fernando o Católico)

Hora

27 xuño, 2026 12:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events