REVISTA ABRIL

16mar21:00Foliada “O Son da Rebullón”CONCERTOS | Desde 10,00€21:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A Comunidade de Montes de Tameiga e O Son do Pazo aliáronse para lanzar un novo evento, con vocación de continuidade no tempo: “O Son da Rebullón”. A primeira edición ten lugar o sábado, 16 de marzo, ás 21 horas coas actuacións de Mediarea e Os D’Abaixo, e unha foliada posterior aos concertos, aberta a todo o mundo. As entradas anticipadas custan 10 euros, online ou na cantina do centro social As Pedriñas, 12 euros na billeteira. Mediarea parte dun punto en común: o amor pola música patrimonial galega e a responsabilidade de contribuír á súa boa saúde con creatividade. Catro músicos e catro instrumentos cargados de personalidade, mais co selo da terra que os viu nacer. O pasado ano publicaron o seu primeiro LP, Sebo de Ghrilo, onde a través das súas propias músicas tentan mostrar, coa maior fidelidade e orixinalidade, a forza que caracteriza os seus enérxicos directos. Os D’Abaixo naceron no 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición. O grupo está integrado por músicos que estiveron toda a vida vinculados ao folk galego e outros provintes de bandas da traxectoria de Fía na Roca ou Berrogüeto. Os D’Abaixo ofrecerán na Rebullón un directo cargado de forza, cun son actual e de respecto á música tradicional, co fin único de gozar e poñer a bailar ao público.

Entradas

Máis

Hora

16 marzo, 2024 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events