>

02ago18:00Flota como poidas busca os artefactos flotantes máis disparatadosAS NOSAS FESTAS | De balde18:00(GMT+02:00) Nigrán

Detalles do eventos

Nigrán acollerá o vindeiro domingo 2 de agosto, a partir das 18:00 h, a duodécima edición do Flota Como Poidas, a popular concentración de artefactos flotantes que partirá desde a ponte da Ramallosa sobre o Río Miñor.

O certame premiará as embarcacións e tripulacións máis destacadas en distintas categorías, entre elas o artefacto máis elaborado e o máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, así como o participante de maior e menor idade. Ademais, volverá entregarse o xa tradicional premio Titanic, destinado ao primeiro artefacto que afunda.

As inscricións permanecerán abertas ata o venres 31 de xullo ás 12:00 h e deberán formalizarse a través do formulario habilitado polo Concello. A recollida de dorsais realizarase o propio domingo, entre as 16.30 e as 17.30 horas, no punto de saída.

Entre todas as persoas participantes sortearase un kayak, mentres que as gañadoras das diferentes categorías recibirán unha cesta de froitas, un diploma e un agasallo sorpresa. O Concello lembra que é obrigatorio participar con chaleco salvavidas, que deberá ser achegado por cada concursante.

Hora

2 agosto, 2026 18:00(GMT+02:00)

Localización

Nigrán

Playa América, Nigrán, Pontevedra Areosa, 2, Nigrán

Other Events