Flavita Banana
Detalles do eventos
Flavita Banana (1987) defínese a si mesma como viñetista e pensadora, de Barcelona e nada en 1987. Nunca deixou de debuxar, e a proba diso é que publica
Detalles do eventos
Flavita Banana (1987) defínese a si mesma como viñetista e pensadora, de Barcelona e nada en 1987. Nunca deixou de debuxar, e a proba diso é que publica diariamente en Instagram, colaborou en medios como S Moda, El País, La Maleta de Portbou, Orgullo y Satisfacción ou Mongolia, e publicou Las cosas del querer (Lumen, 2017), Archivos estelares (Caramba!, 2017) e Archivos cósmicos (Caramba!, 2019). En 2018 gañou o Premio Internacional de Humor Gat Perich e agora acaba de publicar un novo volume de máis de 200 páxinas, “Archivos Lunares” no que recompila os mellores chistes que debuxou neste último par de anos. Un novo libro debuxado co seu característico e inconfundible trazo, infestado de moita risa e grandes doses de verdade.
“Flavita Banana parece que leva toda a vida no oficio”, comenta Andreu Buenafuente no prólogo a este volume. “Ese estilo intemporal do seu traballo sitúaa fóra de modas e tendencias, outórgalle por méritos propios un status de única, inimitable e atreveríame a dicir que clásica. Poderás ler estas coleccións dentro de moitos anos e seguirás pensando que falan de ti”.
Ata o 12 de abril, en Galería Maraca, gozamos da exposición con preto de 40 debuxos orixinais de Flavita. Podes visitala de luns a sábado, de 11:30-14h / 17h – 20:30h.
Máis
Hora
16 marzo, 2023 19:30 - 12 abril, 2023 20:30(GMT+02:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes