REVISTA ABRIL

Final VII Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo

02mai17:00Final VII Concurso Internacional de Piano Ciudad de VigoCONCERTOS | Desde 6,00€17:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

ames Rhodes será o encargado de presentar o concerto e acto Inaugural do VII Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo (edición Vladimir Horowitz), que se celebra o 28 de abril ás 22.30 horas no Auditorio Martín Códax.

O concurso de piano de Vigo, en tan só 6 anos, consolidouse como un dos máis prestixiosos certames españois, superando este ano de novo o centenar de rexistrados de máis de 30 países, cun total de máis de 1200 pianistas rexistrados de 90 países desde a primeira edición. Baixo a dirección artística de Pablo Galdo, o concurso alcanzou cotas inimaxinables desde a súa fundación no ano 2017, tendo entre os seus xurados auténticas lendas do mundo da música como Martha Argerich, Nelson Freire, Paul Badura Skoda, Cyprien Katsaris ou Tamás Vásáry, entre outros. O certame estará formado de novo por un prestixioso xurado presidido polo pianista galego Pablo Galdo, xunto con outros como Cyprien Katsaris, Olli Mustonen, Akiko Ebi, Barry Douglas, Idil Biret e Peter Donohoe.

O pianista James Rhodes, español de orixe británica, presenta o acto inaugural do concurso. Rhodes é coñecido tanto pola súa música coma polo activismo na denuncia dos abusos sexuais na infancia. Desde o primeiro disco lanzado en 2009, a loita e a música foron ligados nos seus libros e discos nos que plasma os seus sentimentos.

O acto inaugural do día 28 comeza cun concerto de Peter Donohoe, un dos mellores pianistas do mundo, e Diana Cooper, gañadora da pasada edición do certame. A semifinal será o sábado día 29 e o domingo día 30 a partir das 11.00 e as 16.00 horas, en horario de mañá e tarde, a semifinal o día 1 de maio a partir das 10.00 e as 16.00 horas. A Gran Final terá lugar o martes día 2 de maio ás 17.00 horas, no Auditorio Municipal de Vigo. As entradas, que se están esgotando, poden comprarse tanto para o concerto inaugural como para a gran final, de manera online.

Máis

Hora

(Martes) 17:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events