
Detalles do eventos
ACTUALIZACIÓN: Festa cancelada por previsión meterolóxica adversa. Despois de dous anos de parón, a cidade de Vigo volve celebrar unha das súas citas de Nadal
Fin de ano en Praza América
ACTUALIZACIÓN: Festa cancelada por previsión meterolóxica adversa.
Despois de dous anos de parón, a cidade de Vigo volve celebrar unha das súas citas de Nadal máis consolidadas e multitudinarias, a festa de Fin de Ano de Praza América.
Desde as 23:00 comezara a reunirse a xente no barrio das Travesas para dar a benvida ao novo ano 2023 na única festa que se fai en toda Galicia con estas características: moita xente, ao aire libre, aberta a todo o mundo e para tódalas idades.
Para o evento, contarase coa actuación da orquestra La Fórmula, con 17 artistas e músicos sobre o escenario, ata as 3:00, cando lle tomará o relevo o DJ Yenniax ata as 5:00, polo que ambos ofrecerán cinco horas de música ininterrompida.
Ademais, celébranse as badaladas de fin de ano, que se seguirán co reloxo emblemático do Instituto Santa Irene, e haberá reparto gratuíto de uvas entre todos os asistentes.
Máis

Decembro 31 (Sábado) 23:00 - Xaneiro 1 (Domingo) 05:00
Praza América
Praza de América, Vigo, Pontevedra