CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

17nov20:00Cine en los cines, por FilminACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 6,90 €20:00(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Filmin, en colaboración con Cine Yelmo, pon en marcha un ciclo que levará ás salas seis películas nunca antes estreadas en pantalla grande —Harvest, El silencio de Julie, Un día con Peter Hujar, La torre de hielo, Incógnito e DJ Ahmet— entre o 17 de novembro e o 22 de decembro. As proxeccións, en VOSE, terán lugar de maneira simultánea os luns ás 20:00 h en Madrid, Málaga, Valencia, Xixón, Oviedo e Vigo.

A esta oferta sumaránselle diferentes actividades especiais en formato itinerante —presentacións, encontros e coloquios— que contarán coa participación de periodistas, críticos de cinema e outras voces destacadas da cultura, como David Velduque, Paco Tomás, Violeta Kovacsics, Víctor Cinemaexcelsior, Jara Pérez Aitany, Jaime Pena ou a directora de La torre de hielo, Lucile Hadzihalilovic.

A actividade especial en Vigo terá lugar o luns 17 de novembro coa proxección de Harvest.

Películas (Yelmo Vialia ás 20:00 h)

17 de novembro: Harvest
24 de novembro: El silencio de Julie
1 de decembro: Un día con Peter Hujar
8 de decembro: La torre de hielo
15 de decembro: Incógnito
22 de decembro: DJ Ahmet

Hora

17 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events