Filme: Retrato de una mujer en llamas

15mar20:00Filme: Retrato de una mujer en llamasACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Para celebrar o Día Internacional da Muller o Consello Municipal da Muller organiza unha serie de actos baixo o lema “Nin un paso atrás nos nosos dereitos”. Estes actos duran dende o día 7 ata o 18.

O mércores 15 proxéctase o filme ‘Retrato de una mujer en llamas‘, de Céline Sciamma no Auditorio Municipal ás 20 horas.

Francia, 1770. Marianne, unha pintora, recibe un encargo dunha condesa que consiste en realizar o retrato de vodas da súa filla Héloïse, unha moza que acaba de deixar o convento e que ten serias dúbidas respecto a o seu próximo matrimonio. Marianne ten que retratala sen o seu coñecemento, polo que se dedica a investigala a diario.

PROGRAMACIÓN.

Mércores 8. Manifestación desde Praza España ás 20h.

Xoves 9. Recital aberto de poesía de xénero na Casa Galega da Cultura ás 19h.

Sábado 11. Visita guiada ao roteiro feminino ‘Sons de mulleres’ desde o Paseo de Alfonso ás 11h.

Martes 14. Proxección do filme ‘La boda de Rosa’ no Auditorio Municipal ás 20h.

Mércores 15. Proxección do filme ‘Retrato de una mujer en llmamas’ no Auditorio Municipal ás 20h.

Xoves 16. Presentación da obra de teatro ‘As que limpan’ no Auditorio Municipal ás 20h.

Sábado 18. Actuación musical do grupo ‘Habelas Hainas’ no salón de actos do MARCO ás 20h.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events