REVISTA FEBREIRO

09mai20:00Fillas de Cassandra presentará en directo Tertúlia en PontevedraCONCERTOS | -20:00(GMT+02:00) Pazo da Cultura de Pontevedra

Detalles do eventos

Fillas de Cassandra dará a coñecer en directo ‘Tertúlia’. o seu novo disco, nun concerto de presentación especial que terá lugar o sábado 9 de maio no recinto ferial de Pontevedra.

María SOA e Sara Faro publicarán ‘Tertúlia’ esta primavera. Neste novo álbum, producido por Çantamarta e as propias Fillas de Cassandra, o dúo expande a súa linguaxe creativa. As voces berradas e cantadas mestúranse nas pistas coa poética, coa música electrónica e coas harmonías corais. Ritmos híbridos, xéneros e voces diversas conflúen nun álbum rabiosamente contemporáneo e feminista.

No concerto do 9 de maio, Fillas de Cassandra levará ‘Tertúlia’ ao directo. O dúo sentarse de sobremesa e sairá á frescacomo no primeiro sinxelo publicado o pasado venres 30: derrubará os resquicios da cuarta parede para dialogar e conversar co público, tanto enriba como debaixo do escenario. As e os asistentes á presentación poderán gozar tanto da nova posta en escena coma da instrumentación, ademais de volver, puntualmente, a algúns dos grandes éxitos das creadoras e da súa ‘Acrópole’. 

As entradas para o evento sairán á venda este mércores, 4 de febreiro, a partir das 12.00 horas na plataforma de venda en liña Woutick.com.

Hora

9 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra, PO

Other Events