VIALIA
GIRANDO POR SALAS

Entroido: Fillas de Cassandra

28feb22:00Entroido: Fillas de CassandraCONCERTOS | De balde22:00(GMT+01:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

Xa coñecemos dous dos concertos que forman a programación musical do Entroido vigués, que se celebra do 28 de febreiro ao 5 de marzo. Será precisamente na xornada inaugural, o día 28, cando o dúo local Fillas de Cassandra se suba ao escenario da Porta do Sol, ás 22:00 h, para presentar o seu espectáculo Últimas dionisíacas. O grupo formado por Sara Faro e MaríaSOA é unha das sensacións musicais galegas dos últimos anos, acadando unha gran repercusión tanto dentro coma fóra de Galicia.

O outro concerto confirmado ata a data é o da orquestra América de Vigo, coñecida polas súas versións de clásicos do rock. Será tamén na Porta do Sol o luns 3 de marzo.

Preme aquí para ler a entrevista que lles fixemos a Fillas de Cassandra na revista de maio de 2023.

Preme aquí para ver o vídeo da entrevista que lles fixemos a Fillas de Cassandra tras encher o Mar de Vigo na presentación da nova xira, en febreiro de 2024.

Máis

Hora

28 febreiro, 2025 22:00(GMT+01:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events