VIALIA
bannerPicnicSesions

Filipe Dias Trio + Jam Session

28feb21:15Filipe Dias Trio + Jam SessionCONCERTOS | 5,00€21:15(GMT+01:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Filipe Dias é un guitarrista e compositor natural de Lisboa. Fórmase na Escola de Jazz do Porto e na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo da mesma cidade, onde leva desenvolvendo a súa actividade como músico nos últimos 10 anos. Neste período estivo envolvido en diversos proxectos relevantes da escena jazzística portuense.

Acompañado por Gonçalo Sarmento (contrabaixo) e Antón Quintela (batería) presenta por primeira vez un trío baixo o seu nome no cal explora as súas composicións máis recentes, caracterizadas por melodías sobrias e atmósferas contemplativas, ademais de algúns arranxos de músicas de outras autorías.

O martes 28 ás 21:15 horas en A Casa de Arriba, entradas 5,00€.

Máis

Hora

(Martes) 21:15(GMT+01:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events