REVISTA ABRIL

Filipa cos contos de Nadal

24dec12:00Filipa cos contos de NadalPEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+01:00) Praza de Independencia

Detalles do eventos

Unha sesión “filipante” de contos de Nadal para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia.

Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só da nosa contorna máis próxima, senón tamén doutras terras. Contos “filipantes”, acompañados dunha guitarra.

Fran Campos e Filipa, os dous e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para todos os públicos. Tanto nenas e nenos como maiores poderán gozar, aprender, reflexionar… desde as súas distintas visións dos contos populares.

Sábado 24 ás 12:00

Máis

Hora

(Sábado) 12:00(GMT+01:00)

Localización

Praza de Independencia

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events