XERAIS

30maiTodo o díaFesta Swing onconcertos | -(Todo o día: sábado)(GMT+02:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Clases de baile Blues con Luísa e Edmilson (Oporto) + festa

 Sábado 30 de maio
 clases de 11.30h a 14.00h e de 16.00h a 18.30h / festa de 21.30h a 00.30h
 Luísa Barros & Edmilson Botelho
 desde 65€
 Inscríbete: https://forms.gle/cFsBWvBMkSryF9vr9

 5 horas de clases de baile blues con Luísa Barros e Edmilson Botelho (Oporto) en Caixa de Ritmos, divididas en 4 obradoiros de 1h e 15min. Desde cero, non é necesario ter experiencia previa no baile.

– Festa Blues & Swing con DJs na Sala Kominsky

Horarios

  • de 11.30h a 14.00h: dous obradoiros de blues de hora e cuarto
  • de 16.00h a 18.30h: dous obradoiros de blues de hora e cuarto
  • de 21.30h a 00.30h: Festa Blues & Swing na Kominsky

Prezos

  • Early Bird (prezo con descontazo!) se te inscribes antes do 31 de marzo: 65€ para alumnado de Caixa de Ritmos ou para grupos de 6 ou máis persoas. 75€ prezo xeral
  • Late Bird (prezo con desconto): 75€ para alumnado de Caixa de Ritmos ou para grupos de 6 ou máis persoas. 85€ prezo xeral
  • Prezo normal (sen desconto): 85€ para alumnado de Caixa de Ritmos ou para grupos de 6 ou máis persoas. 95€ prezo xeral

Luísa e Edmilson

Luísa e Edmilson son profesores de baile afincados en Porto e membros de Hop Dance Studio, onde comparten a súa paixón pola música e polo movemento. Ambos teñen unha longa traxectoria dentro das danzas afroamericanas, especialmente no Lindy Hop e no Blues.

Luisa leva anos explorando diferentes estilos —como Lindy Hop, Solo Jazz, Tap, Balboa ou Blues— e participa activamente na comunidade internacional de Blues, tanto como profesora como organizadora de eventos e festivais.

Edmilson, nado en São Tomé e Príncipe, medrou rodeado dos ritmos e das danzas tradicionais africanas, unha influencia que marca o seu estilo cheo de musicalidade, ritmo e expresividade.

Xuntos crean nas súas clases un ambiente próximo, dinámico e divertido, no que animan ás persoas a conectaren coa música, coa parella e co propio corpo a través do baile.

DJs

Para a festa Blues & Swing do sábado á noite teremos un trío de DJs con moitísima experiencia na selección musical: Karen Campos, Sofía Gómez e Jorge Patiño. Seleccionarán os seu temas favoritos de Blues e Swing para bailar toda a noite.

Requisitos e materiais

  • Non necesitas formación previa en ningún baile
  • Trae roupa cómoda e calzado cómodo que non sexa o mesmo da rúa
  • Unha botella de auga que poderás encher no dispensador que temos en Caixa de Ritmos.

Hora

30 maio, 2026 Todo o día(GMT+02:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events