>
15mai11:00Fiare Banca ÉticaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00(GMT+02:00) MARCO
Detalles do eventos
Fiare Banca Ética celebrará a súa asemblea anual de persoas socias en Vigo. O encontro reunirá a preto de 250 persoas procedentes de todo o Estado e servirá
Detalles do eventos
Fiare Banca Ética celebrará a súa asemblea anual de persoas socias en Vigo. O encontro reunirá a preto de 250 persoas procedentes de todo o Estado e servirá tanto para aprobar as contas como para debater sobre o papel das finanzas na transformación social e a súa capacidade para combater estruturas criminais. Baixo o lema ‘A alternativa ética fronte ás mafias e narcos’, o evento principal terá lugar o venres 15 de maio no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Neste acto aberto ao público, a entidade destacará como o control cidadán do diñeiro pode ofrecer respostas positivas fronte ás economías ilícitas.
O acto contará cun panel moderado polo xornalista José Luis Barreiro no que participarán o xornalista de investigación Javier Romero; Elvira Durán, directora da Asociación Érguete; e representantes de Libera, organización italiana referente na xestión de bens confiscados á mafia. Previamente, realizarase un encontro interno no Pazo Baión, símbolo da loita da sociedade civil galega contra o narcotráfico. A elección de Vigo responde ao sólido crecemento da banca ética en territorio galego, onde a entidade xestiona preto de 10 millóns de euros en aforro e destinou 4 millóns en crédito a proxectos con impacto social e ambiental. Entre as iniciativas financiadas destacan Arroupa, a unión de cooperativas Espazocoop ou proxectos de ‘cohousing’ como Valdecorvi e A Luzada.
Hora
15 maio, 2026 11:00(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


