bannerLetrasGalegas
bannerRevistaOnline

xullo, 2021

15xul(xul 15)19:30Festival Vive Nigrán 2021FESTIVAIS E FEIRAS | 25,00€*19:30 Campo de Fútbol de Montelourido

Detalles do eventos

Concibido como un ‘Picnic pop festival’, Vive Nigrán nacía en 2017 coa intención de ofrecer música e entretemento nun marco incomparable, situado na bahía de Nigrán e co impoñente perfil das Illas Cíes de fondo. Este emprazamento estratéxico en pleno Val Miñor, é un dos seus trazos distintivos, no que o escenario natural é parte do espectáculo. O recinto do evento atópase a escasos metros mar, xunto ao areal de Praia América, que se estende entre Monte Lourido e Monteferro, un dos lugares con máis encanto das Rías Baixas.

Vive Nigrán, incluído no circuíto “Festivais Rías Baixas”, e dentro da marca FEST GALICIA, aúna e fusiona diferentes experiencias para todas as idades: praia, monte, mar, gastronomía, talleres e sobre todo boa música. Sen dúbida un planazo para gozar das mellores bandas da escena independente nun dos lugares máis emblemáticos da costa galega. Artistas como Novidades Carminha, Nathy Peluso, Depedro, Sidonie, Viva Suecia, Morgan, Rufus T. Firefly, Anni B Sweet..xa pasaron polo noso festival.

Programación para a 5ª edición do festival:

  • Xoves, 15 de xullo: LOCOPLAYA + VERTO (mercar as entradas desde 25,00€ aquí)
  • Venres, 16 de xullo: NATALIA LACUNZA + GINEBRAS (mercar as entradas desde 25,00€ aquí)
  • Sábado, 17 de xullo: SIDECARS (mercar as entradas desde 28,00€ aquí)

ABONO 3 DÍAS AQUÍ.

Máis

Hora

15 (Xoves) 19:30

Localización

Campo de Fútbol de Montelourido

Rúa Lourido Beiramar, 27, 36370 Nigrán, Pontevedra

X