
Festival Vacaloura
10xuñ18:00Festival VacalouraFESTIVAIS E FEIRAS | 15,00 €18:00
Detalles do eventos
Festival benéfico, onde toda a recadación irá destinada ao Santuario Animal Vacaloura www.santuariovacaloura.org O Santuario Vacaloura é un lugar onde animais de diferentes especies poden levar a
Detalles do eventos
Festival benéfico, onde toda a recadación irá destinada ao Santuario Animal Vacaloura www.santuariovacaloura.org O Santuario Vacaloura é un lugar onde animais de diferentes especies poden levar a vida que lles corresponde como individuos sensibles con intereses propios, libres de especismo, abuso e explotación, onde se cobren as súas diferentes necesidades.
O evento, que ten lugar o sábado 10 de xuño, consta de catro concertos en catro locais da zona de Churruca, en horario de 18:30 a 23:30 h. Ademais, en cada local haberá deliciosos petiscos veganos á venda e ao remate da noite sortearase un lote de produtos do santuario.
Os horarios dos concertos son os seguintes:
18 h – Époje Tatum no Tinta Negra (Acústico)
19:30 h – SNST no Moch (Acústico)
21:00 h – Kalokoro Teke na Cantina Candela
22:30 h – Eondry na Sala Kominsky
O prezo da entrada é de 15,00 €. Entradas anticipadas á venda nos locais do festival.

Máis

Hora
(Sábado) 18:00
Localización
Churruca
Rúa Churruca, 10-20 36201 Vigo Pontevedra