Festival Underfest: Toundra

12out20:00Festival Underfest: ToundraFESTIVAIS E FEIRAS | 18€20:00(GMT+02:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

O Festival Underfest volta cunha nova edición na que aposta, unha vez máis pola variedade de xéneros e artistas. A pesar de que non se puido recuperar a normalidade nas xiras internacionais, o festival redobra o esforzo por achegar á nosa comunidade propostas chegadas desde fóra das nosas fronteiras que ofrecerá xunto a unha ecléctica combinación de importantes artistas nacionais e locais.

O poderío de Toundra e os seus brutais directos xa é dabondo coñecido por todos. Despois de patearse e poñer do revés centos de escenarios do noso país e de fóra do, chegan por 1ª vez a Galicia cun interesante proxecto. Xunto á proxección da película, recrean a súa propia banda sonora dun clásico de culto do cinema mudo como é “O Gabinete do Dr Caligari” de Robert Wiene, obra mestra do cinema expresionista alemán. Imperdible!

Aquí tes toda a programación e a localización dos diferentes concertos:

  • Sábado 2 – Rigoberta Bandini / 21:30 (Hall do Auditorio Mar de Vigo)
  • Xoves 7 – BFlecha / 21:00 (Auditorio Municipal do Concello de Vigo)
  • Venres 8 – Vera fauna / 19:30 (Sala Radar)
  • Venres 8 – Mastodonte / 21:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Venres 8 – Colectivo Da Silva / 23:00 (Sala Master Club)
  • Venres 8 – The Bo Derek’s / 00:00 (La Iguana Club)
  • Sábado 9 – Lina_Raül Refree + Margarida Mariño / 19:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Sábado 9 – Grande Amore / 22:30 (Sala Radar)
  • Sábado 9 – The Mystery Lights / 23:45 (La Iguana Club)
  • Domingo 10 – María Arnal i Marcel Bagès / 20:30 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Luns 11 – Sila Lua + Mala Rodríguez / 20:30 (Teatro Afundación)
  • Martes 12 – Toundra performing ‘Das Cabinet des Dr. Caligari’ / 20:00 (Cine – Teatro Salesianos)

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events