outubro, 2021

11out20:30Festival Underfest: Sila Lua + Mala RodríguezFESTIVAIS E FEIRAS | 20€20:30 Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Festival Underfest volta cunha nova edición na que aposta, unha vez máis pola variedade de xéneros e artistas. A pesar de que non se puido recuperar a normalidade nas xiras internacionais, o festival redobra o esforzo por achegar á nosa comunidade propostas chegadas desde fóra das nosas fronteiras que ofrecerá xunto a unha ecléctica combinación de importantes artistas nacionais e locais.

Unha das artistas máis importantes e respectadas da música urbana en castelán que a pesar da súa longa traxectoria chega a Underfest cun novo show, Lujo Ibérico Unplugged, que presentará por 1ª vez en Galicia. Trátase dun formato íntimo en acústico no que a sevillana reinterpreta un disco histórico como Lujo Ibérico, co que alcanzou o disco de ouro e traspasou fronteiras, xunto a outros hits da súa dilatada carreira.

Aquí tes toda a programación e a localización dos diferentes concertos:

  • Sábado 2 – Rigoberta Bandini / 21:30 (Hall do Auditorio Mar de Vigo)
  • Xoves 7 – BFlecha / 21:00 (Auditorio Municipal do Concello de Vigo)
  • Venres 8 – Vera fauna / 19:30 (Sala Radar)
  • Venres 8 – Mastodonte / 21:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Venres 8 – Colectivo Da Silva / 23:00 (Sala Master Club)
  • Venres 8 – The Bo Derek’s / 00:00 (La Iguana Club)
  • Sábado 9 – Lina_Raül Refree + Margarida Mariño / 19:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Sábado 9 – Grande Amore / 22:30 (Sala Radar)
  • Sábado 9 – The Mystery Lights / 23:45 (La Iguana Club)
  • Domingo 10 – María Arnal i Marcel Bagès / 20:30 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Luns 11 – Sila Lua + Mala Rodríguez / 20:30 (Teatro Afundación)
  • Martes 12 – Toundra performing ‘Das Cabinet des Dr. Caligari’ / 20:00 (Cine – Teatro Salesianos)

Máis

X