FESTIVAL UNDERFEST: RIGOBERTA BANDINI

02out21:30FESTIVAL UNDERFEST: RIGOBERTA BANDINIFESTIVAIS E FEIRAS| 18,00 €21:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O Sábado de 2 outubro o hall do Auditorio Mar de Vigo acollerá o inicio da programación do festival, que se desenvolverá en Vigo do 7-12 outubro 2021. Este concerto de presentación será o pistoletazo de saída para unha 4ª edición que de novo achegará a Vigo interesantes propostas musicais de diferentes estilos. As entradas para este concerto xa están á venda en Teuticket.

O fenómeno Rigoberta Bandini é un dos proxectos máis exitosos que xurdiron na escena musical española durante os últimos anos. As súas primeiras cancións fixéronse virales en plena pandemia e agora converteuse nunha das artistas máis desexadas por todos os grandes festivais. A súa música cativa á primeira escoita. Letras acedas, irónicas, divertidas, pero nada inocentes e esa adictiva mestura de pop e electrónica levárona a aumentar de forma exponencial o seu número de seguidores e a ser sen dúbida una das artistas do momento.

Do 7-12 outubro 2021, Vigo acollerá un ano máis o seu festival urbano por excelencia, na que será a edición máis extensa ata o momento, ofrecendo 6 días de música con diversas propostas que pasarán polos escenarios máis importantes da cidade. Tras as súas 3 exitosas edicións en 2018, 2019 e 2020, con abonos esgotados en todas elas, o festival UNDERFEST SON ESTRELA GALICIA continúa a súa aposta por ofrecer un formato especial e coidado, cunha oferta de calidade para distintos tipos de público.

Na súa curta traxectoria, o festival vigués programou por 1ª vez en Galicia artistas internacionais de referencia como Slowdive, Benjamin Clementine, Peaches, Villagers, Xeado Negro, etc que, xunto a nomes nacionais de primeiro nivel e o enorme talento local, conformaron os 74 artistas que pasaron polo festival, enchendo os 21 recintos da cidade nos que se desenvolveu Underfest en tan só 3 edicións.

Os primeiros artistas confirmados desta nova edición son:

MALA RODRÍGUEZ “Lujo Ibérico Unplugged” / LINA_RAÜL REFREE

MARÍA ARNAL i MARCEL BAGÉS / LEIFUR JAMES (UK)

THE MYSTERY LIGHTS (USA) / MARGARIDA MARIÑO / BFLECHA
TOUNDRA performing “Das Cabinet des Dr. Caligari”

*Quedan máis artistas, actividades, etc. por confirmar que irán anunciando.*

Seleccionado dentro do conxunto de festivais estratéxicos que compoñen Fest Galicia, Underfest Son Estrela Galicia é o único festival realizado en Vigo que forma parte deste grupo que aglutina aos principais festivais que se celebran na nosa comunidade. Grazas ao apoio do CONCELLO DE VIGO, XACOBEO, XUNTA DE GALICIA e ESTRELA GALICIA, Underfest mantén a súa aposta por asentar en Vigo este festival.

A pesar de que non se puido recuperar a normalidade nas xiras internacionais, Underfest redobra o esforzo por achegar a Galicia propostas desde fóra das nosas fronteiras que ofrecerá xunto a unha ecléctica combinación de importantes artistas nacionais e locais.

Os abonos do festival xa están esgotados. As entradas individuais para cada concerto están á venda a través de Ataquilla. com.

Máis

Hora

(Sábado) 21:30(GMT+02:00)