Festival Underfest: María Arnal i Marcel Bagès

10out20:30Festival Underfest: María Arnal i Marcel BagèsFESTIVAIS E FEIRAS | 18€20:30(GMT+02:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

O Festival Underfest volta cunha nova edición na que aposta, unha vez máis pola variedade de xéneros e artistas. A pesar de que non se puido recuperar a normalidade nas xiras internacionais, o festival redobra o esforzo por achegar á nosa comunidade propostas chegadas desde fóra das nosas fronteiras que ofrecerá xunto a unha ecléctica combinación de importantes artistas nacionais e locais.

En 2017 convertíanse no proxecto revelación a nivel nacional. Tras 5 anos e multitude de concertos, o dúo catalán xa está establecido como un dos nomes de referencia da escena independente estatal, chegando cada vez a máis público coa súa elegante mestura de tradición, electrónica, grandes cancións e unha voz marabillosa. Pop mutante nos límites da emoción que fala da súa infinita capacidade de transformación para afrontar os retos dun planeta -dun futuro- en crise.

Aquí tes toda a programación e a localización dos diferentes concertos:

  • Sábado 2 – Rigoberta Bandini / 21:30 (Hall do Auditorio Mar de Vigo)
  • Xoves 7 – BFlecha / 21:00 (Auditorio Municipal do Concello de Vigo)
  • Venres 8 – Vera fauna / 19:30 (Sala Radar)
  • Venres 8 – Mastodonte / 21:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Venres 8 – Colectivo Da Silva / 23:00 (Sala Master Club)
  • Venres 8 – The Bo Derek’s / 00:00 (La Iguana Club)
  • Sábado 9 – Lina_Raül Refree + Margarida Mariño / 19:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Sábado 9 – Grande Amore / 22:30 (Sala Radar)
  • Sábado 9 – The Mystery Lights / 23:45 (La Iguana Club)
  • Domingo 10 – María Arnal i Marcel Bagès / 20:30 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Luns 11 – Sila Lua + Mala Rodríguez / 20:30 (Teatro Afundación)
  • Martes 12 – Toundra performing ‘Das Cabinet des Dr. Caligari’ / 20:00 (Cine – Teatro Salesianos)

Máis

Hora

(Domingo) 20:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events