REVISTA ABRIL

Festival Underfest: Lina_Raül Refree + Margarida Mariño

09out19:00Festival Underfest: Lina_Raül Refree + Margarida MariñoFESTIVAIS E FEIRAS | 18€19:00(GMT+02:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

O Festival Underfest volta cunha nova edición na que aposta, unha vez máis pola variedade de xéneros e artistas. A pesar de que non se puido recuperar a normalidade nas xiras internacionais, o festival redobra o esforzo por achegar á nosa comunidade propostas chegadas desde fóra das nosas fronteiras que ofrecerá xunto a unha ecléctica combinación de importantes artistas nacionais e locais.

Lina_Raül Refree leva tempo demostrando ter un olfato único para descubrir talento. Responsable do lanzamento de artistas como Rosalía ou Silvia Perez Cruz. Agora, coa enorme fadista portuguesa Lina, inicia outro proxecto. Nel, propoñen un fado renovado, abandoando a guitarra e explorando con sintetizadores analóxicos e sons de piano.

Margarida Mariño presenta un repertorio orixinal para violoncelo e voz inspirado en temas como a ecoloxía, o cambio climático ou as migracións humanas, utilizando pedais de efectos e loops cos que logra crear texturas únicas e complexas orquestracións que dan lugar a un estilo moi persoal e único no que xéneros tan aparentemente diverxentes como o postrock, o trip- hop ou a música clásica vibran cunha soa voz.

Aquí tes toda a programación e a localización dos diferentes concertos:

  • Sábado 2 – Rigoberta Bandini / 21:30 (Hall do Auditorio Mar de Vigo)
  • Xoves 7 – BFlecha / 21:00 (Auditorio Municipal do Concello de Vigo)
  • Venres 8 – Vera fauna / 19:30 (Sala Radar)
  • Venres 8 – Mastodonte / 21:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Venres 8 – Colectivo Da Silva / 23:00 (Sala Master Club)
  • Venres 8 – The Bo Derek’s / 00:00 (La Iguana Club)
  • Sábado 9 – Lina_Raül Refree + Margarida Mariño / 19:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Sábado 9 – Grande Amore / 22:30 (Sala Radar)
  • Sábado 9 – The Mystery Lights / 23:45 (La Iguana Club)
  • Domingo 10 – María Arnal i Marcel Bagès / 20:30 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Luns 11 – Sila Lua + Mala Rodríguez / 20:30 (Teatro Afundación)
  • Martes 12 – Toundra performing ‘Das Cabinet des Dr. Caligari’ / 20:00 (Cine – Teatro Salesianos)

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events