outubro, 2021

07out21:00Festival Underfest: BFlechaFESTIVAIS E FEIRAS | 8€21:00 Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O Festival Underfest volta cunha nova edición na que aposta, unha vez máis pola variedade de xéneros e artistas. A pesar de que non se puido recuperar a normalidade nas xiras internacionais, o festival redobra o esforzo por achegar á nosa comunidade propostas chegadas desde fóra das nosas fronteiras que ofrecerá xunto a unha ecléctica combinación de importantes artistas nacionais e locais.

Despois dun parón que se nos fixo longo, a produtora viguesa BFlecha volve con novo disco e novo show debaixo do brazo, co que se inaugurará a 4ª edición de Underfest. No recentemente publicado “ ExNovo” explora os límites entre a persoa física e virtual, sons diferentes e innovadores, repletos de poesía, filosofía e ciencia, nun espazo utópico onde conviven pop, r& b contemporáneo, electrónica e música tradicional.

Aquí tes toda a programación e a localización dos diferentes concertos:

  • Sábado 2 – Rigoberta Bandini / 21:30 (Hall do Auditorio Mar de Vigo)
  • Xoves 7 – BFlecha / 21:00 (Auditorio Municipal do Concello de Vigo)
  • Venres 8 – Vera fauna / 19:30 (Sala Radar)
  • Venres 8 – Mastodonte / 21:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Venres 8 – Colectivo Da Silva / 23:00 (Sala Master Club)
  • Venres 8 – The Bo Derek’s / 00:00 (La Iguana Club)
  • Sábado 9 – Lina_Raül Refree + Margarida Mariño / 19:00 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Sábado 9 – Grande Amore / 22:30 (Sala Radar)
  • Sábado 9 – The Mystery Lights / 23:45 (La Iguana Club)
  • Domingo 10 – María Arnal i Marcel Bagès / 20:30 (Cine – Teatro Salesianos)
  • Luns 11 – Sila Lua + Mala Rodríguez / 20:30 (Teatro Afundación)
  • Martes 12 – Toundra performing ‘Das Cabinet des Dr. Caligari’ / 20:00 (Cine – Teatro Salesianos)

Máis

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X