Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo organiza un festival en homenaxe ao célebre violinista e compositor austríaco Fritz Kreisler con motivo do 150 aniversario
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo organiza un festival en homenaxe ao célebre violinista e compositor austríaco Fritz Kreisler con motivo do 150 aniversario do seu nacemento, do 24 ao 28 de novembro.
Os concertos serán os días 26 e 28 a cargo do profesorado e o día 27 do estudantado, todos ás 20.00 horas no Auditorio Martín Códax, con entrada libre até completar a capacidade.
Fritz Kreisler, considerado un neno prodixio, graduouse no Conservatorio de Viena á idade de 10 anos (obtendo a medalla de ouro) e posteriormente no de París con tan só 12 (recibindo o Gran Primeiro Premio), sendo de lonxe o alumno máis novo da historia de ambas institucións. Recoñecido como “un dos mellores músicos do século XX”, aos 79 anos afirmou, coa grande modestia que o caracterizaba, que só lograra unha achega media ao seu ideal na música: “só me fun aproximando dabondo”.
Hora
27 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
decembro



