REVISTA ABRIL

Festival TerraCeo: Freedonia

30xul20:30Festival TerraCeo: FreedoniaFESTIVAIS E FEIRAS | 23,00€20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Freedonia é unha banda de referencia na escena nacional de música soul e funk formada por unha voz incendiaria e oito músicos que rezuman creatividade, posúen unha potente sección rítmica e ofrecen un directo demoledor. O grupo madrileño naceu en 2006 e o que comezou como unha aventura de amigos foi crecendo ata converterse nun auténtico estrondo musical que colga constantemente o cartel de ‘sold out’. En 2012 a banda grava o seu primeiro disco homónimo e en 2014 arrasa con ‘Dignity and Freedom’, dous traballos que lles colocaron na cima das músicas negras. En 2017 publica ‘Shenobi’, un dobre álbum que os medios o anunciaron como un dos discos máis esperados do ano.

Apoiados por unha campaña de crowdfunding Freedonia lanza o seu cuarto disco, ‘Conciencia’, influídos polo discurso do premio nobel José Saramago onde fai unha reflexión sobre a sociedade na que vivimos.

Os temas tratan sobre a liberdade de expresión, o cambio de mentalidade ecolóxica, a igualdade, o respecto, a xenofobia, a xustiza, o progreso…

En definitiva Freedonia segue o seu camiño de remover conciencias e á vez faiche bailar, todo iso empastado por melodías épicas que che emocionan.

Máis