CAMELIAS

Festival TerraCeo: Bala

05ago20:30Festival TerraCeo: BalaFESTIVAIS E FEIRAS | 12,00€20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

A galegas Bala comezan a súa viaxe a mediados de 2014. O dúo combina sons que lembran ao rock intenso dos 90, con influencias que van desde o grunge ao stoner, pasando polo hardcore ou o punk e coa contundencia de dúas voces moi distintas. Tras máis de 50 concertos e festivais en 2015 sacan o seu primeiro disco, ‘Human Flesh’ ( Matapadre), que recibe unha espectacular acollida por parte da prensa, esgota todas as súas existencias en menos de 5 meses e colga o cartel de todo vendido en moitos dos seus concertos de presentación. Os ecos do éxito en España levan á banda a virar por UK e a tocar nos festivais de referencia da península.

O seu seguinte traballo, ‘Lume’ (2017), grávase nos Estudos Ultramarinos Costa Brava da man de Santi García, é moito máis intenso que o seu predecesor e experimentan por primeira vez co galego e o castelán. Con este segundo álbum tocan por Xapón e Australia. Durante 2018 dan o salto ao continente americano, embárcanse nunha xira pola costa oeste de EE. UU, que ten o seu punto álxido no mítico festival Stoned & Dusted, e participan no festival ao aire libre máis grande de América Latina, o ‘Rock al Parque’ en Bogotá.

Empezan 2019 gravando unha versión de ‘Bodies’ de The Smashing Pumpkins e neste maio de 2021 verá a luz o seu novo traballo ‘Maleza’ ( Century Media) . Con só dous discos, Bala xa conseguiu a atención de toda a prensa e promotores internacionais, e este novo traballo só pode ser a confirmación de que estamos ante unha das bandas de rock máis importantes do momento, dentro e fóra de España.

Máis

Hora

5 agosto, 2021 20:30(GMT+02:00)