VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival Sonora 2.1: Laura LaMontagne & PicoAmperio

05mai18:00Festival Sonora 2.1: Laura LaMontagne & PicoAmperioCONCERTOS | De balde18:00(GMT+02:00) Teatro Cidade Universitaria

Detalles do eventos

Dende o seu nacemento en 2005, o Festival Sonora trae cada ano ao Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria diferentes exemplos de novas propostas musicais. Nesta edición, rebautizada como Sonora 2.1, os protagonistas serán Laura LaMontagne e PicoAmperio, dúo que oscila entre a tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo, ritmos electrónicos e ambientes íntimos. Neste caso, o espectáculo formúlase a modo de concerto hip hop, cun DJ Set e espazo para a intérprete. Será unha actuación na que se mesturarán voz, samplers, bases, scrath e loops en directo.

A entrada é de balde. Ante a actual situación sanitaria, para acudir ao concerto é necesario reservar a butaca enviando un correo electrónico a extensión@uvigo.gal ou a través do teléfono 986.813.626 ata as 13.00 horas do día da función.

Mércores 5 ás 18:00

Máis

Hora

(Mércores) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Cidade Universitaria

Campus Universitario, Plaza Miralles, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

Other Events