Festival Sinsal Son Estrella Galicia
Detalles do eventos
A Illa de San Simón acollerá de novo a selección sonora máis coidada e exquisita do panorama musical galego. O Festival Sinsal SON Estrella Galicia regresa este verán á illa pontevedresa, do
Detalles do eventos
A Illa de San Simón acollerá de novo a selección sonora máis coidada e exquisita do panorama musical galego. O Festival Sinsal SON Estrella Galicia regresa este verán á illa pontevedresa, do 23 ao 25 de xullo, para achegar ao público as creacións máis estimulantes e vangardistas do momento.
Logo dunha edición de resistencia, celebrada no litoral, neste 2021 o Festival Sinsal SON Estrella Galicia regresa á illa de San Simón e, con esta volta, regresa a súa propia esencia como evento: tres xornadas de música e contacto coa natureza, con propostas singulares e contemporáneas, directos suxestivos e a illa como cabeza de cartel dun line up que é secreto ata que o público desembarca en San Simón.
As músicas de vangarda e de raíz, manifestacións urbanas e sonoridades modernas ou con influencias electrónicas conforman a paisaxe sonora que propón este ano Sinsalaudio e que acompañará, ao longo de tres xornadas, ás asistentes desta edición, nomeada Sinsal Esencial. Unha atractiva escolma de artistas agóchase detrás do cartel dun festival que se desenvolverá os días 23, 24 e 25 de xullo en horario de tarde.
O cartel secreto do Sinsal Esencial non será a única sorpresa para o público que se achegue a este singular enclave das Rías Baixas. Este ano, cada banda e artista participante ofrecerá un único concerto nesta edición, polo que o programa de cada día será completamente diferente ao anterior. Nas vindeiras semanas, Sinsalaudio dará a coñecer outras novidades que permitirán poñer en valor tanto esta singular iniciativa musical coma o propio espazo natural no que se desenvolve.
A ILLA
A Illa de San Simón (un pequeno arquipélago conformado por dúas illas, San Simón e San Antón), situada no corazón da Ría de Vigo, é unha xoia patrimonial desde o punto de vista medioambiental e histórico. A illa, que pertence ao concello de Redondela, foi inspiración na lírica medieval, lazareto no século XIX e campo de concentración na guerra do 36.
SINSAL SON ESTRELLA GALICIA
Sinsal nace no ano 2003 coa intención de achegar ao público unha programación coidada de artistas emerxentes e contemporáneos da escena estatal e portuguesa. Desde o ano 2010, Sinsal SON Estrella Galicia celébrase na Illa de San Simón, acadando diversos recoñecementos nos Premios FEST e nos Iberian Music Awards pola súa programación e desenvolvemento da Estratexia de Sustentabilidade.
Sinsal SON Estrella Galicia é unha proposta da promotora e produtora de eventos culturais Sinsalsaudio, dirixida por Julio Gómez e Luis Campos, responsable tamén da programación de festivais como Posidonia ou Monumenta.
Máis
Hora
23 (Venres) 16:00 - 25 (Domingo) 20:30(GMT+02:00)
Localización
Illa de San Simón
Illa de San Simón, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
Séguenos nas redes