Revistamaio23

01nov19:00Festival Sinsal Outono: Henrique Portovedo e Dead LineCONCERTOS | 12,00€19:00 MARCO

Festival Sinsal Outono: Henrique Portovedo e Dead Line

A esencia do Festival Sinsal persiste. Sinsalaudio recupera este mes de outubro unha das súas propostas sobranceiras, Sinsal Outono, un ciclo de concertos vinculados á experimentación e á creación contemporánea que se desenvolven en espazos singulares do municipio de Vigo. Este retorno á experimentación e á vangarda de Sinsal Outono explicítanse tamén na escolla dos espazos de desenvolvemento do ciclo, xa que a actividade se concentrará en dous recintos vinculados á creación na cidade viguesa: o Museo de Arte Contemporáneo, (MARCO), que acollerá as sesións sonoras e visuais, e o Conservatorio Superior de Música, no que terán lugar os parladoiros.

Na noite do día 1, entre as 19.00 e as 21.15 horas, o recoñecido saxofonista luso Henrique Portovedo, especializado en música electroacústica e multimedia, presentará tamén no MARCO un programa para saxofóns, electrónica e video para achegar ao público a unha realidade na que se configuran múltiples horizontes.

A continuación, os creadores galegos contemporáneos Juanma LoDo e Acacia Ojea baixo a denominación Dead Line, presentarán Nexø, un proxecto audiovisual resultado dunha investigación conxunta de exploración das marxes da luz e o son. Nexø, que parte do termo ‘nøkke’ (espíritu da auga) e ‘sæ’ (mar), é a unión de dous xeitos de escoitar e ver o mundo e que se inspiran nas texturas sonoras e visuais do mar.

Luns 1 ás 19:00

As entradas para asistir aos concertos dos días 31 de outubro e 1 de novembro xa están a venda na plataforma Enterticket

PROGRAMACIÓN

  • Sábado 30: Conferencia ‘Perspectivas multimedia na música de nova creación’
  • Domingo 31: Multiplensemble e Marta Verde & José Venditti
  • Luns 1: Henrique Portovedo e Dead Line
  • Martes 2: Conferencia ‘Do acústico ao HASGS. Presentación do Hybrid Saxophone of Gestural Symbiosis’

Máis

Hora

(Luns) 19:00

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X