Detalles do eventos
Unha viaxe emocional a través de seis concertos temáticos destinados a todos os públicos. Así se pode definir o novo festival que chega a Vigo esta fin de
Detalles do eventos
Unha viaxe emocional a través de seis concertos temáticos destinados a todos os públicos. Así se pode definir o novo festival que chega a Vigo esta fin de semana da man da Orquestra Vigo 430. SINERXIAS 430 é un ciclo de música de cámara
internacional – máis outras iniciativas complementarias – que contarán coa participación de prestixiosos artistas internacionais xunto con músicos do Ensemble da formación viguesa.
O festival dará comezo este sábado día 20 de setembro cun directo de balde na Concatedral da Colexiata as 21:00 horas. Este concerto contará coa colaboración de tres grandes intérpretes internacionais: o violonchelista Yibai Chen, Mira Foron co seu violín e a Carla Guillén á viola. Baixo o título de ‘Monólogos e diálogo’ este concerto propón “un fascinante percorrido pola historia do violonchelo e da música de cámara”.
Continuará o domingo 21 de setembro no Auditorio Martín Códax, as entradas están dispoñibles en Ataquilla a un prezo de cinco euros máis gastos de xestión e comezará as 12:00 hora. Ofrecerá unha travesía de contrastes emocionais: “Unha viaxe pola evolución da música de cámara para violín e piano ao longo de máis de século e medio. Contará coa participación de Mira Foron ao violín, Jorge Suárez no violonchelo e Anthony Sintow-Behrens ao piano.
Ademais dos directos de música, SINERXIAS 430 contará cunha serie de actividades paralelas. Realizarase o I Concurso de Música de Cámara para novos intérpretes, dirixido ao alumnado dos Conservatorios Superiores de Galicia. Este certame busca crear unha ponte entre os espazos formativos e os escenarios profesionais, ofrecendo ao intérprete gañador a oportunidade de participar como artistas convidados na seguinte edición do festival. Ademais, o festival ten previsto a celebración de clases maxistráis para os alumnos dos conservatorios superiores así como unha mesa redonda sobre as mulleres compositoras titulada «Mulleres compositoras: un relato esquecido ou unha historia por contar?».
Hora
20 setembro, 2025 21:00(GMT+02:00)
Localización
Concatedral de Santa María
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
outubro




